Gómez Reino: “O debate proba que é o principio da fin da era do PP e de Núñez Feijóo en Galicia”

«O 12X hai partido. Marcamos o camiño da oportunidade histórica e decisiva das forzas da esquerda para construírmos en común”

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia en Común-Anova Mareas mantiña hoxe unha xuntanza cunha representación galega da Rede Europea contra a pobreza e a exclusión 

Compostela, 30 de xuño de 2020.- O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, valorou hoxe ante os medios o debate acontecido a pasada noite na CRTVG, no que puxo de manifesto o sólido  proxecto político de Galicia en Común e deixou en evidencia o dano que o PP de Núñez Feijóo lle fixo ao país nos últimos 11 anos por mor das privatizacións, os recortes e os casos de corrupción.

“O debate de onte demostrou que hai unha alternativa de esquerdas, progresista e de país para gobernar Galicia”, sinalou o candidato. Unha oportunidade decisiva de construirmos en común a partir do 13 de xullo a Galicia que virá, a que ten e pode ser e deixar atrás o decenio negro de Feijóo, un proxecto acabado e fracasado. 

“Agora xa sabemos as razóns”, engadiu, “polas que Feijóo evita comparecer en sede parlamentaria e négase a ter debates en pé de igualdade», referindose ao evidente nerviosismo do candidato do PP.

«Non ten proposta de país”, afirmou Gómez Reino. «O debate evidencia que o conxunto das forzas da oposición lle puxemos enriba da mesa a diagnose real do país fronte a sús prestidixitación das mentiras e da manipulación dos datos no seu aparato de propaganda baixo o paraguas da Xunta». 

«Onte demostrouse que é o principio da fin da era do PP e de Feijóo, non só hai partido senón que se iniciou a remontada definitiva das forzas de esquerdas”, remarcou Gómez Reino. 

O candidato tamén se reuniu esta mañá con EAPN Galicia-Rede Europea contra a pobreza e a exclusión, que aglutina a unha serie de “entidades que dende a sociedade civil traballan para combater a desigualdade e ás que debemos acompañar dende o goberno da Xunta de Galicia”.

Gómez Reino lembrou “o gran paso adiante que supuxo a aprobación do Ingreso Mínimo Vital por parte do goberno do Estado, que dende Galicia en Común propoñemos complementar coa Renda Garantida da Cidadanía Galega. O próximo goberon galego debe tomarse en serio o combate da pobreza e a desigualdade”, concluíu.

Aquí está o audio de Gómez Reino.

nesta ligazón tes o vídeo.