Audio: https://bit.ly/2HB1TjU
A Coruña, 24 de maio de 2019. O deputado de En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, urxiu este venres na necesidade de conformar un Executivo que se asemelle ao lexislativo.
«A ninguén se lle escapa o que dicíamos na campaña: o mandato da sociedade é un Goberno de coalición, no que o grupo confederal esté e participe», afirmou o deputado esta mañá na Coruña.
Gómez-Reino resaltou como unha «magnífica noticia» que se chegase a un acordo para que a Mesa non siga bloqueando a actividade lexislativa como aconteceu na pasada lexistatura .
«O acordo para a conformación da Mesa vai na liña da posibilidade dun Goberno progresista. É unha boa nova», asegurou.
O deputado avanzou que na vindeira semana «avanzaremos no diálogo con Sánchez para conformar o Goberno o antes posible».
GRUPO PARLAMENTAR
Na rolda de prensa tamén destacou que esta semana rexistrouse no Congreso a conformación do grupo parlamentar.
«Volve a ser un grupo confederal con portavocías galegas, volvemos a ter un espazo galego propio que neste caso é ‘Galicia en Común’, polo que agora o grupo confederal pasará a chamarse Grupo Confederal de Unidas Podemos – En Común Podem – Galicia en Común».
ELECCIÓNS MUNICIPAIS E EUROPEAS
Gómez-Reino fixo un chamado ao voto no caso das europeas para as compañeiras galegas como Vanessa Angustia e Carmen Rodríguez, que deben entrar no Parlamento Europeo. «Hai que chamar á máxima mobilización, temos que saír votar para parar á extrema dereita», pediu o deputado.
Sobre as municipais, para En Común Unidas Podemos «é imprescindible conseguir revalidar o Goberno nas cidades nas que gobernábamos. Confiamos en que así será».