Gómez Reino: “Ofrecemos un decálogo de Goberno ás forzas progresistas para cogobernar Galicia fronte a un Feijóo que xa ten un pé en Madrid”

Yolanda Díaz: “Son os do non, os do odio. Pactarían co mesmo diaño para seguir privatizando as nosas vidas”

Monedero: “Feijóo é un impostor que emprega Galicia como un cromo para a súa ambición política”

Ourense, 3 de xullo de 2020.- O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas, á presidencia a Xunta de Galicia, Antón Gómez Reino, pechaba hoxe unha intensa xornada nun acto en Ourense, no ecuador da campaña, no que incidiu en que estamos a tan só 9 días para deixar atrás o decenio negro do PP en Galicia”.  “Tendemos a man ás forzas progresistas para cogobernar Galicia e recuperar o país cun decálogo común fronte a un Feijóo que tan só se presenta para acadar o seu obxectivo: ser presidente do Partido Popular en Madrid”, manifestou o candidato. Xunto a Gómez Reino, Yolanda Díaz, ministra e deputada de Galicia en Común; do cofundador de Podemos, Juan Carlos Monedero; o candidato por Ourense, David Bruzos, xunto a Victoria Álvarez, Brais Fidalgo e Paula Rodríguez.

Gómez Reino incidiu nun “decálogo de entendemento entras as forzas de esquerda e de progreso en Galicia” e pediu a mobilización do voto progresista porque “estamos a nove días e tan só 15.000 votos de deixar no pasado ao PP de Núñez Feijóo e construír un futuro transformador e de progreso”.

“Estamos máis preto dun Goberno á altura da nosa sociedade. Ourense é chave e se votamos todas, Feijóo perde”, remarcou o candidato á Presidencia da Xunta. Estamos a disputarnos escaños co PP e cada voto para Galicia en Común vale dobre -expuxo Gómez Reino- porque vale para defender políticas de esquerdas e porque seremos chave para arrebatarlle a maioría a dereita que busca perpeturar o caciquismo e a corrupción, como nesta provincia sabedes ben”.

Pola súa banda Yolanda Díaz, tomou a palabra en primeiro lugar para manifestar, “ao fin estou no meu país. Ao fin estou na casa logo de cinco meses fóra”, saudou. “Feijóo non pode seguir a gobernar este país. Deixaronnos un deserto industrial cheo de cadaleitos cando tiñan todas as competencias en Industria no artigo 30 do Estatuto de autonomía de Galicia. É un deles. Son os do non, os do odio, os que piden o voto para Vox. Feijóo pactaría con mesmo diaño para seguir privatizando as nosas vidas”, manifestou a ministra de Traballo.

“Galicia é un país a vangarda,e nós somos xente do común”, dixo Díaz. “Amosemos o 12 de xullo nas urnas que este país quere ter unha oportunidade de facer políticas para mudar a vida da xente. Galicia en Comun ten que ser determinante no Goberno da Xunta no que estea Antón Gómez Reino Varela, do que a ministra e amiga, alabou a súa tenacidade, compromiso e coñecemento do país”.

Monedero lembrou o uso partidista que o Partido Popular fai das institucións públicas mentres agocha as siglas na cartelería electoral e esconde ao seu candidato para non dar a cara nos debates. “¡Que covarde é o partido de Feijóo que ten que facer trampas e lanzar mentiras contra nós en vez de debetir!, manifestou. “Feijóo utiliza Galicia como un cromo para intercambiar pola súa ambición política”, sentenciou.

Pola súa banda, o número un pola provincia de Ourense, David Bruzos, nunha intervención emocionante, puxo en valor o traballo feito por Galicia en Común no Goberno do Estado “porque hai un montón de xente que ten un escudo social que mellora as súas condicións de vida. Podemos dicir alto e claro que Galicia en Común cumple cos seus compromisos e así o faremos en Ourense”.

O candidato Brais Fidalgo sinalou que sen a presenza de Galicia en Común non será posible un verdadeiro goberno de esquerdas no país “porque se non estamos nós outros calan” e fixo fincapé no traballo feito desde hai anos polos espazos políticos da coalición para denunciar, no Parlamento de Galicia, a estafa das caixas que “na que agora o TSXG de Galicia nos da a razón”.

No acto, no parque de San Lázaro, tomaba a palabra a candidata Victoria Álvarez que reivindicou o valor dunha provincia que non “que Ourense non é nin da familia Baltar nin de Jácome, nin tampouco daquel señor que cada catro anos se lembra que naceu nos Peares. Ourense é o de Blanco Amor, un valente, de Vicente Risco e de Baltar, pero o escultor. De todas as galegas e galegos”, concluíu.

Se queres voltar a ver o acto íntegro podes facelo nesta ligazón a nosa canle de YouTube.