- Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común vén de rexistrar unha iniciativa na Cámara Baixa tras a detención de tres membros da organización «Iniciativa Egipcia para los Derechos Personales» por parte das autoridades exipcias
Madrid, 27 de novembro de 2020.- O Grupo Parlamentario Confederal de Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común vén de rexistrar unha iniciativa no Congreso para que o goberno do Estado se involucre politicamente na defensa dos dereitos humanos en Exipto co gallo de contribuir á liberación inmediata dos presos e presas de conciencia daquel país.
A iniciativa rexístrase tras as detencións, entre o 15 e o 19 de novembro, de Mohamed Bashir, Karim Ennarah Gasser e Abdel-Razek, tres destacados membros da organización de dereitos humanos Iniciativa Egipcia para los Derechos Personales (EIPR, polas súas siglas en inglés).
«As detencións producíronse», indicou Gómez Reino, «pouco despois de que a principios do mes de novembro a organización acollera unha xuntanza con embaixadores e persoal diplomático de Europa para abordar a situación dos dereitos humanos no país». Entre os participantes atopábanse representantes de España, Alemania, Francia e Italia.
Na iniciativa rexistrada recóllese unha breve exposición dos feitos acontecidos entre as datas sinaladas indicando que «a primeira das detencións foi a de Mohamed Bashir, director administrativo da organización, que foi detido durante máis de 12 horas antes de comparecer e interrogado sobre a visita realizada polos 13 representantes europeos». O segundo detido, tal e como se recolle na pregunta rexistrada, foi Karim Ennarah, director da unidade de Xustiza Criminal da EIPR, sendo a última das detencións a de Gasser Abdel Razek
«É intolerable que a día de hoxe os tres sigan en prisión e coa propia EIPR denunciando o trato cruel e inhumano por parte das autoridades, que acusan falsamente a Abdel Razel de unirse a un grupo terrorista”, denunciou o portavoz de Galicia en Común. Tamén o director de Investigación e Traballo de Incidencia de Amnistía Internacional para Oriente Medio y Norte de África, Philip Luther, calificou as detencións dos membros de EIPR como “unha campaña de represión sen precedentes sobre a comunidade de dereitos humanos que podería extenderse ao resto dos poucos valentes grupos que aínda quedan no país.”
Finalmente, Antón Gómez Reino lembrou que «Amnistía Internacional leva xa tempo alertando de que as autoridades exipcias intensificaron as accións contra os defensores e defensoras dos dereitos humanos no país, denunciando a inclusión de activistas nunha lista de membros terroristas». Por iso o portavoz de Galicia en Común pide implicación ao goberno do Estado porque «a situación de vulneración dos derietos humanos e de persecución de activistas e defensores dos mesmos no país é cada vez máis preocupante, requeríndose unha reposta contundente da comunidade internacional».