O deputado de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, enviou unha carta á directora xeral de Casa Árabe, Irene Lozano, amosando a súa disconformidade coa emisión dos partidos da Copa Mundial de Fútbol Qatar 2022.
Gómez Reino sinalou os miles de casos de abusos laborais e os falecidos nos traballos para a realización desta Copa Mundial, todo amparado polo Estado de Qatar. «Entendemos que a Casa Árabe non debe albergar ningunha actividade que sirva para dar cobertura a esta Copa, con isto lexitímanse prácticas que vulneran Dereitos Humanos desenvoltas e amparadas polo Estado de Qatar».
Le aquí a carta