“Con precariedade non hai futuro. O emprego de calidade e a innovación tecnolóxica deben ser os eixos que impulsen o desenvolvemento do tecido económico e garantan unha mellora da vida das galegas”.
Sábado, 24 de xullo. O Día de Galicia é un día de celebración, pero tamén de reivindicación: celebrar un país con inmensos recursos naturais, talento e creatividade, e reivindicar que o potencial de Galicia estea ao servizo das capacidades da sociedade galega.
O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, reivindicou a Galicia como un pobo capaz de tecer redes e comunidades de protección para as máis vulnerables, un pobo do que as institucións teñen que tomar exemplo, impulsando a corresponsabilidade social dos coidados coa creación dun sistema público de calidade.
Ademais, Gómez Reino reparou no problema demográfico e na importancia das axudas para o facilitar o acceso á vivenda que dean oportunidades á xente moza, así como acabar coa fenda dixital que ten Galicia. “Con precariedade non hai futuro. O emprego de calidade e a innovación tecnolóxica deben ser os eixos que impulsen o desenvolvemento do tecido económico e garantan unha mellora da vida da galegas”.
Podemos Galicia cre que hai que pór en valor o patrimonio natural e cultural de Galicia, cheo de recursos, talento e creatividade. “Queremos unha matria galega da defensa do planeta, da igualdade, do diálogo, capaz de dar resposta aos problemas cotiás das persoas, unha matria galega do que realmente importa”.