Gómez Reino pregunta a Interior polo interrogatorio a un xornalista palestino solicitante de protección internacional

O deputado de Unidas Podemos advierte do posible incumprimento da Convención de Xinebra de 1951 e da actual lei de asilo do Estado

Madrid, 17 de abril.- Unidas Podemos vén de rexistrar no Congreso dos Deputados unha iniciativa parlamentar na que o grupo confederal inquire ao Goberno polo interrogatorio da Garda Civil ao xornalista palestino, Muath Hamed, solicitante de asilo internacional no Estado español.  

O deputado galego Antón Gómez Reino mantivo unha xuntanza en Madrid con Muath Hamed,  na que o xornalista lle relatou que o pasado 11 de febreiro foi citado nas dependencias da Garda Civil na rúa Batalla del Salado. 

 O xornalista palestino, que está en trámites na súa solicitude de protección internacional, accedeu a xuntanza coa vontade de colaborar. Cómpre sinalar, non obstante, que a Garda Civil non teñen competencias nesta materia.  

Segundo lles relatou Hamed aos deputados de Unidas Podemos, Gómez Reino e Lucía Dalda, o  funcionario que o guiou polas instalacións da Garda Civil conduciuno a unha sala onde o agardaba unha persoa que se identificou como axente do Estado belga, mais falou en árabe con un marcado acento israelí. 

O xornalista amosou a súa contrariedade pola situación  e conta que foi presionado por esta persoa que lle solicitaba información que estaba vinculada coa tramitación do expediente e que foi ameazado con represalias contra el e a súa familia. 

“Estes feitos que nos relatou Muath Hamed poderían contravir o estipulado na Convención de Xinebra de 1951 e a vixente lei de asilo no Estado, que garanten a confidencialidade e a protección dos solicitantes de protección internacional fronte aos axentes de persecución como unha obriga básica do Estado”.

Ante isto, o grupo confederal Unidas Podemos-En Comú Podem rexistrou unha iniciativa na Cámara Baixa dirixida ao Ministerio do Interior na que inquiere ao departamento de Grande Marlaska se coñecía a presenza do xornalista palestino nas dependencias da Garada Civil en Batalla de Salgado, asi como a identidade do presunto axente belga. 

No escrito, Gómez Reino pregunta a Interior ao respecto dos feitos denunciados por Hamed, así como pola aplicación dos protocolos pertinentes de protección ao solicitantes de protección internacional fronte aos axentes de persecución e insta ao esclarecemento e a determinación das responsabilidades dos mesmos.