Gómez-Reino pregunta no Congreso pola situación das vivendas xestionadas pola Sareb en toda Galicia

O deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, preguntou no Congreso pola situación das vivendas xestionadas pola Sareb en toda Galicia e polos procedementos abertos pola entidade para adicar nova vivenda ao aluguer social.

Con esta iniciativa, o deputado pregunta polo número exacto de vivendas en situación de vivenda baleira, vivenda en convenio con Administracións Públicas para aluguer social, vivenda en aluguer social pola Sareb, vivenda en aluguer ordinario y vivenda habilitada sen título habilitante xestionadas pola Sareb en Galicia.

Gómez-Reino tamén avogou por que o coñecido como “banco malo” destine novas vivendas xestionadas pola Sareb ao aluguer social.

O deputado da continuidade así a unha serie de iniciativas presentadas en novembro e en febreiro nas que preguntou, entre otras cousas, polas actuacións de cesión de inmobles a entidades públicas ou entidades privadas sen ánimo de lucro con destino a viviendas sociais realizadas pola Sareb en Galicia.

O portavoz de Galicia en Común celebrou que o Goberno de España mobilizara 50.000 vivendas da Sareb para alugueiro accesible.

“Celebramos unha medida demandada polo sentido común, polos movementos sociais, por Unidas Podemos e por Galicia en Común, como é que se puxeran dunha vez por todas a disposición as vivendas da Sareb”, dixo Gómez-Reino este martes nunha rolda de prensa no Congreso.

“Alegrámonos de que se dera ese paso e cremos que ten que ser o máis amplio posible e incorporar o maior número de vivendas da Sareb”.

Nese senso, o portavoz de Galicia en Común resaltou que na nosa Comunidade estímase que hai 1.800 vivendas da Sareb “que esperamos que se poñan de inmediato a disposición”.