O deputado de Unidas Podemos presentou as dúas iniciativas que se debaten este xoves na Cámara para recuperar o patrimonio espoliado polos Franco e urxir a comisión bilateral Xunta-Estado para o traspaso da Ap9
‘A Xunta leva dez anos sen exercer as súas compentencias para urxir o traspaso de Tráfico e do Salvamento Marítimo que xestionan otras comunidades históricas’
Madrid, 9 de marzo.- O deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, deu conta hoxe de dúas Proposicións non de lei do grupo confederal que se debaterán esta semana na Cámara Baixa para urxir a recuperación da Cornide da Coruña usurpada polos Franco na Ditadura e instar a activación da comisión bilateral entre a Xunta de Galicia e o Goberno do Estado para abordar as transferencias pendentes da Ap-9, Salvamento Marítimo e Tráfico.
O deputado galego presentou as dúas iniciativas do grupo confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común que se debaterán esta semana na Comisión constitucional e na de Función Pública, respectivamente, e fixo fincapé en que se trata de dúas cuestións fundamentais para abordar no inmediato.
“Recuperar a Casa Cornide é un imperativo democrático’, afirmou. ‘É parte do patrimonio da cidade da Coruña que foi usurpado polos Franco en tempos da Ditadura e que debe tornar ao público. É unha oportunidade histórica para que o conxunto das Administracións implicadas acorden a súa recuperación a maior brevedade e nesa dirección traballamos con esta PNL desde o noso espazo político”.
Con respecto a segunda iniciativa que se leva a debate este xoves a Comisión de Función Pública, o deputado e voceiro de Galicia en Común sinalou que ‘é fundamental activar a comisión bilateral de cooperación entre a Xunta e o Goberno do Estado como tantas veces temos reclamado nesta Cámara desde a nosa entrada do Congreso para abordar as transferencias pendentes, que máis aló da AP-9 tamén teñen que tocar o traspado do Salvamento Marítimo e do Tráfico a Galicia.
“Hai máis de dez anos que a Xunta non exerce as dúas competencias. Calquera pode entender a urxencia do traspaso da Autoestrada do Atlántico que como reclamamos ten que ser pública, galega e gratuíta, pero tamén a xestió do tráfico que outras comunidades históricas xa teñen transferida e que a seguridade marítima se ten que deseñar e coordinar desde Galicia”, apuntou o deputado, logo de lembrar o acontecido co Prestige, Mar Egeo, Urquiola, Casón e outra longa lista de accidentes e naufraxios con dramáticas consecuencias na costa galega.
Por último, Gómez Reino, abogou pola vía política e do diálogo en Catalunya e tivo un recoñecemento a mobilización exemplar das mulleres no día de onte, tanto onde se lles permitiu manifestarse como onde non, como signo inequívoco de que horizonte de futuro pasa polo feminismo.
Nesta ligazón podes ver a rolda de prensa completa.