Gómez Reino: «Reverter as privatizacións salvaxes do PP será a miña prioridade como presidente da Xunta»

«Galicia en Común-Anova Mareas estará no próximo Goberno como garante de que a partir do 13 de xullo as persoas e os coidados estarán no centro da acción política na defensa do público»

Boiro, 23 de xuño de 2020.- O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta,Antón Gómez Reino, xuntos coas candidatas Eva Solla, Martiño Noriega e Luca Chao veñen de reunirse hoxe a tarde coa plataforma Modepen, colectivo de pensionistas do concello de Boiro que reclaman unha residencia e un centro de día públicos na localidade.

O candidato reiterou a aposta da coalicion por «revertir a década de privatizacións e recortes do Partido Popular de Núñez Feijóo».


«Recollemos as súas reivindicacións que, ademais compartimos e facemos nosas, porque Boiro merece unha residencia de maiores pública que, tal e como eles veñen demandando  e propoñendo  ven se podería ubicar neste Pazo de Goiáns», reiterou o portavoz da coalición.  

«O que é fundamental é que o próximo Goberno da Xunta, no que estará Galicia en Común, revertirá os dez anos de privatizacións da asistencia aos nosos maiores dos Gobernos do Partido Popular de Núñez Feijóo», afirmou o candidato.  

«Galicia, o noso país, como este pazo, pódese arrancar do desleixo no que nos sumiron once anos de PP e revertelo para o ben común, nos coidados e na defensa do público», dixo Gómez Reino.  

«Ese é o noso compromiso e a partir do 13 de xullo Galicia en Común-Anova Mareas estará no Goberno para facelo realidade», afirmou.