Gómez Reino: ‘Traballamos no espazo institucional para garantir os usos industriais da antiga Vulcano e atallar a especulación no porto’

O deputado galego e o voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, reuníronse este mediodía co Comité de empresa da  factoría naval

Unidas Podemos elevará ao Congreso á urxencia de mellorar a seguridade viaria no Alto de Puxeiros en Mos

Vigo, 7 de maio.-  O deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino, e Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, mantiveron hoxe unha xuntanza co Comité de Empresa da antiga Vulcano nas instalacións do estaleiro para trasladarlles todo o apoio aos traballadores, que pulan por manter o carácter industrial do espazo na aposta polo naval de Vigo para empurrar a recuperación do tecido industrial galego con empregos estables.

“Toca reindustrializar e toca relocalizar. Toca empurrar a construción naval e non a especulación no porto de Vigo coa antiga Vulcano, e toca que, dunha vez por todas, a Autoridade Portuaria deixe de por paus nas rodas a un sector que é básico’, subliñou Gómez Reino.

“Desde Unidas Podemos hoxe quixemos amosar a nosa solidariedade e agarimo co Comité da antiga Vulcano, un proxecto que segue en pé grazas o tesón dos seus traballadores co noso compromiso de traballar no espazo institucional -con Portos do Estado e Administracións competentes- para garantir o usos de construcción naval nos terrenos do asteleiro cunha solución definitiva que aporte garantías”, manifestou o deputado, quen lle afeou a Xunta de Feijóo, con plenas competencias industriais, que «se inhiba por completo» nas súas obrigas co naval de Vigo.

Hai hoxe un mes, o 7 de abril, o noso grupo confederal rexistrara unha iniciativa no Congreso para urxir a Autoridade Portuaria de Vigo a empregar as instalacións da antiga Vulcano á construcción e reparación de buques, contando entón con 37 propostas de traballo por un importe de 240 millóns de euros, un investimento fundamental para retornar o pulo industrial ao naval olívico. 

“Na redacción do novo Plan Xeral ficaremos vixiantes para blindar que os terrenos fiquen para usos insdustriais e de construcción naval para pór freo as tentativas especulativas e de cambios de usos para planeamientos urbanísticos indecentes”, sinalou Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo. 

‘Vulcano, agora San Enrique, non está pechado e rematamos o Fénix. Agardamos que o porto de Vigo reflexione no prego para a nova concesión e preserve a construción e a reparación naval neste espazo xa que non está xerando confianza e perdemos proxectos que poderían ampliar o cadro de persoal’, demandou o voceiro do Comité. 

Antes da visita ao estaleiro, Gómez Reino abordaba con Román González, concelleiro de Mos, a necesidade de acometer melloras urxentes nas infraestruturas e na seguridade viaria no alto de Puxeiros, un dos puntos negros do tráfico rodado no límite entre os dous municipios.

Aquí está o audio coas declaracións de Gómez Reino aos medios.