O deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, levou ao Congreso a preocupación de usuarios recurrentes do tren en Galicia pola falta de información sobre as alternativas de transporte ante o peche do tramo ferroviario entre Santiago e Ourense.
A circulación de trens neste tramo permanecerá interrumpida os días 22, 23 e 24 de abril por mor da posta en servizo do sistema de protección do tren ERMTS no seu nivel 1 no Eixo Atlántico e no contorno da estación de Santiago.
Pese a que Renfe anunciou a activación dun plan alternativo de transporte para garantizar o traslado dos viaxeiros durante eses días, dende as plataformas Media Distancia Galicia e Perder o tren denunciouse que a venda de billetes foi bloqueada para o tramo interrumpido sen que exista información sobre os horarios de medios alternativos a disposición dos usuarios. Tampouco existe información sobre enlaces con outros trens dende as estación de Ourense e Santiago.
Por isto, Gómez-Reino presentou unha iniciativa na que pregunta ao Ministerio de Transportes por este bloqueo na venda de billetes e pola falta de información a disposición dos usuarios sobre os transportes alternativos.
Le aquí a iniciativa