O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas esixe a Feijóo que active a producción en Galicia dos equipos de protección individual nas industrias do país que teñan capacidade para fabricalas
Galicia en Común-Anova Mareas celebra o éxito colectivo da sanidade pública na alta do primeiro paciente de Covid-19 como unha pequena victoria da esperanza
Compostela, 23 de marzo.- O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, esixíu hoxe o reparto inmediado das 500.000 mascarillas protectoras que o Goberno galego mantén aínda almacenadas e sen distribuir. Ao tempo, Gómez-Reino apremiou á Xunta a realizar coa máxima urxencia as xestións precisas para que as plantas industriais galegas que teñan capacidade para elo inicien a fabricación no país dos equipos de protección invidivuais e as mascarillas que se precisen para loitar contra a pandemia do Covid-19.
O candidato da coalición entende que «é absolutamente imprescindible que a Xunta ordene a fabricación destes elementos”. “Sobre todo tendo en conta que segundo coñecimos onte Galicia ten unicamente medio millón de mascarillas en stock». Así o manifestou este luns, logo da longa xuntanza telemática que mantivo onte á tarde con Alberto Ñúñez Feijóo e co resto de voceiras das forzas políticas galegas, para abordar esta crise social, económica e sanitaria derivada da epidemia do Covid-19-.
A proposta da coalición inclúe tamén a posta en marcha dos procesos necesarios para a fabricación doutros equipos e compoñentes sanitarios, como respiradores, así como produtos para a desinfección do persoal e das instalacións, sempre en coordinación co Ministerio de Sanidade.
“Esas mascarillas e eses equipos deberían porse a disposición, de maneira inmediata, do conxunto de profesionais da sanidade, das persoas que se atopan en grupos de risco e das administracións competentes, para que cheguen á quen mais as precisan. Prioritariamente deben chegar a residencias de maiores, dependentes, centros de dia e centros de menores, asi como a outros colectivos especialmente vulnerables como as persoas sen fogar, con protocolos axeitados e pertinentes”, dixo Gómez Reino.
“Estamos nunha situación extraordinaria que demanda medidas extraordinaria, na que actuamos con total lealdade institucional. A mesma que lle demandamos ao Executivo de Feijóo”, engadíu o voceiro de Galicia en Común-Anova-Mareas. “É tempo das propostas e de avanzar sen perder nin un minuto. O mandato da cidadanía é saír unidos como sociedade sen deixar a ninguén atrás”, apuntou.
Por último, o candidato da coalición quixo trasladar o recoñecemento e o aplauso colectivo ao persoal da sanidade pública que ven de lograr unha pequena victoria cargada de esperanza nunha longa loita contra o Covid-19 ao dar a alta médica ao primeiro paciente afectado polo coronavirus en Galicia.
Podes escoitar as declaracións de Gómez-Reino aquí