Gómez Reino volve esixir ao rei emérito que “deixe de fuxir” e explique a orixe da súa fortuna

O voceiro de Galicia en Común e deputado pola Coruña valorou esta mañá as informacións publicadas por El Confidencial

Madrid, 16 de novembro de 2020.- O deputado de Unidas Podemos e voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, volveu esixir hoxe ao rei emérito que “deixe de fuxir e regrese a España para dar explicacións sobre as contas que presuntamente ten en varios paraísos fiscais”, tras ter desvelado este mesmo luns El Confidencial que a fundación que pagaba os gastos do monarca recibiu en Suiza 6,5 millóns de euros en varias transferencias anónimas.

“Non só iso”, asegurou o deputado, “senón que segundo as informacións publicadas o rei tería como encargado de efectuar determinadas operacións en Suiza a Arturo Fasana, investigado por blanqueo no caso Gürtel”, para engadir que “a cidadanía á que representou como Xefe do Estado merece saber a orixe da súa fortuna”.

Segundo Gómez Reino, “é de imperiosa necesidade que regrese a España e colabore nas investigacións abertas polo Tribunal Supremo”.

Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino.