Gómez Reino:“Disputámonos escanos co PP na Coruña e Pontevedra. Cada voto máis para Galicia en Común é un voto menos para a maioría que busca Feijoó”

“O 12X temos que desterrar cos nosos votos as corrupcións do PP de Feijóo e a súas estafas industriais ao estilo Pemex”

Compostela, 1 de xullo.- O candidato á Presidencia da Xunta de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, facía hoxe fincapé en que a coalición se está a disputar escanos co Partido Popular nas provincias da Coruña e Pontevedra e facía un novo chamado a mobilización do voto progresista de esquerdas o 12 de xullo porque “cada voto mais para Galicia en Común é un voto menos para a maioría que busca Feijóo para perpetuar a súas corruptelas e estafas industriais ao estilo Pemex”. 

“Hoxe cómpre e toca poñer enriba da mesa o caso Pemex que ven de dar un novo xiro”, sinalou o candidato. “Aquel directivo co que o señor Núñez Feijóo se facía fotos, estreitaba a man e interrupía a emisión en directo da CRTVG para anunciar, nun novo exercicio de propaganda, que ía conseguir numerosos contratos para Galicia en ducias de barcos que nunca foron. Hoxe esa persona, que estaba no cárcere, vai ser extraditada e xulgada”, dixo Gómez Reino. 

“¿Pode o señor Feijóo asegurar que non vai a estar imputado en poucas semanas ou en poucos meses polo caso Pemex?”, inquiriu o voceiro da coalición. “O PP de Feijóo non fixo absolutamente nada en materia de Industria, tendo como teñen todas as competencias no artigo 30 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Non fixeron nada e cando fixeron algo, como vemos, a cousa acaba nos xulgados, con xente investigada ou en prisión como é o caso de Pemex”.

“A xente de esquerdas deste país ten que saber que se se mobilizan nas urnas o 12 de xullo, estaremos a o once días de rematar co decenio negro de Feijóo”, afirmaba Gómez Reino.

“Estámonos a disputar escanos co PP nas provincias de A Coruña e Pontevedra. Cada voto máis para Galicia en Común é un voto menos para o PP, para esa maioría que busca Feijóo para perpetuarse en corruptelas e privatizacións”, subliñou. “Os votos para Galicia en Común van a ser dobremente decisivos porque lle restan deputados ao PP e nos achegan a un Goberno progresista e de futuro”, concluíu.

Aquí podes escoitar o audio de Gómez Reino.

Nesta ligazón, atoparás o vídeo.