Investigan a Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, Ángela Rodríguez e Rafa Mayoral por defender aos traballadores de Alcoa nunha manifestación

Na denuncia, na que se acusa dun delito de atentado, tamén consta a investigación a varios traballadores e sindicalistas que recibiron cargas policiais.

Audio:https://bit.ly/2lYTazD

Vídeo: https://youtu.be/Lzqx0h8B-hg

Madrid, 19 de setembro de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, o deputado Antón Gómez-Reino, a ex deputada Ángela Rodríguez e o deputado de Unidas Podemos, Rafael Mayoral, foron denunciados pola policía ante un delito de «atentado» despois da manifestación que os traballadores de Alcoa convocaron fronte ao Congreso o pasado 28 de marzo.

Na instrución tamén consta a denuncia a varios traballadores e sindicalistas que se atopaban na protesta.

«En primeiro lugar, queremos mostrar a nosa solidariedade cos traballadores, non merecen ser denunciados por defender os seus dereitos, especialmente na situación na que se atopaba Alcoa. Os traballadores deron un exemplo de movilizacion pola inacción do Goberno», aseguraron. 

Os deputados sinalan que, no exercicio da súa labor, trataron de mediar e dialogar, como recollen as imaxes, nada que xustifique esta denuncia policial.

«É unha persecución política. É insostible que se persiga aos deputados por defender aos traballadores», incidiron.

Ante esta situación, o Grupo Confederal solicitou a comparecencia do Ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska, sobre os motivos da denuncia pola brigada policial de información polos feitos acontecidos o 28 de marzo de 2019 na concentración celebrada fronte ao Congreso dos Diputados.