Irene Montero chega a Galicia na ruta de presentación de candidaturas

Este domingo, Irene Montero pechará na Coruña, xunto ás candidatas de En Común Unidas Podemos, a ruta estatal de presentación de candidatas e candidatos das próximas eleccións xerais do 28 de abril.

Irene Montero, candidata ao Congreso dos Deputados por Madrid, presentará en Galicia as liñas do noso programa de Goberno para as maiorías.

No acto estará acompañada polos candidatos de En Común Unidas Podemos ao Congreso, Antón Gómez-Reino; Yolanda Díaz; Ángela Rodríguez; José García Buitrón; Ledicia Piñeiro; Loreto Taibo; Vanesa Somoza; Isabel Faraldo así como a candidata ao Senado, Cristina Laya e o candiato municipal ao concello de Santiago, Álex Botello.