Miguel Anxo Fernán Vello: ‘’Estamos aquí para reconstruír o futuro e recuperar o país’’

Galicia En Común-Anova Mareas presenta a súa candidatura en Lugo coa participación de Xosé Manuel Beiras

Lugo, 21 de xuño.- Galicia en Común-Anova Mareas ven de presentar este domingo a candidatura da provincia de Lugo que encabeza Miguel Anxo Fernán Vello, nun acto de rúa no que estimo acompañado  doutros integrantes da lista como Vanesa Somoza e Xosé Manuel Pérez, e que contou coa intervención do veterano Xose Manuel Beiras.

No acto, realizado na praza do Campo Castelo, Fernán Vello indicou que ‘’Galicia está en pé para rematar con este capitalismo delincuente, perverso e criminal’’ recalcando que ‘’estamos aquí para reconstruir o futuro e recuperar o país’’.

Posteriormente reprocharíalle ao Goberno do popular Núñez Feijoo a súa ‘’inacción e escapismo’’ na súa xestión do goberno da Xunta, que segundo Fernán Vello converteu nun ‘’pavillón de repouso privado’’ e fixo un chamamento aos votantes para que o 12X remate o ‘’tempo negro de Feixóo’’.

O cabeza de lista por Lugo tamén centrou parte da súa intervención no que está a suceder na planta de Alcoa de Lugo, indicando que ‘’Alcoa é peza fundamental da economía da Mariña’’ e que ‘’hai miles de familias que esperan solución». «É necesaria unha ‘’intervención pública ou unha nacionalización’’, concluíu.

Beiras tomou a palabra para manifestar que «botar a Núñez Feijóo», ao que cualificou de ‘’usurpador’’, é ‘’un imperativo ético’’.  «Hai dúas pandemias: o virus e o fascismo’».  «Faise neceario un amplo frente  amplo antifascista ou do contrario, advertiu, haberá pandemia para moito’’, rematou. 

Aquí podes escoitar o audio de Miguel Anxo Fernán Vello.

E nesta ligazón o de Xosé Manuel Beiras.