O Goberno responde a Galicia en Común que Fomento tampouco se encargará do Estaleiro 4.0

A voceira Yolanda Díaz esixe ao Executivo aclarar qué Ministerio será o encargado de sacar adiante o proxecto.

Audio:

Ferrol, 6 de agosto de 2019. A voceira de Galicia en Común, Yolanda Díaz, recibiu do Goberno a resposta á pregunta rexistrada sobre o Estaleiro 4.0 para a Ría de Ferrol.

«Quedamos sorprendidas coa resposta do Goberno, dado que despois de descartar que a propia SEPI sexa o órgano substantivo para poder tramitalo ou desenrolar a declaración do impacto ambiental, tamén descartan agora que sexa Fomento quen licite o proxecto», denuncia a deputada.

Segundo a resposta, o Ministerio de Fomento «non ostenta competencia algunha sobre Navantia ou sobre as obras de construcción do Estaleiro 4.0».

Díaz pregunta ao Executivo se está en risco o desenvolvemento do Estaleiro 4.0, dado que tampouco Defensa se fai cargo, a pesar de que están en chan adscrito a Defensa. «Que está decindo o Goberno? Que Ministerio se vai facer cargo?», incide a deputada.

Para Galicia en Común, o estaleiro é unha cuestión «chave» para o futuro do sector naval galego e a modernización da comarca de Ferrolterra, polo que seguiremos abordando esta cuestión nas Cortes.