«O marco legal é hostil e contrario aos intereses da xente, temos que traballar para mudalo»

Santiago, 30 de outubro de 2019. Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz participaron este mércores no encontro «Conversas co municipalismo» xunto co que foi concelleiro en Madrid, Carlos Sánchez Mato, que traballou por devolver á cidadanía servizos que foran privatizados e reducir a débeda.

No acto, no que tamén estiveron presentes numerosas concelleiras de todo o país, como Marta Lois, Saínza Ruíz ou Xiao Varela, entre outros compañeiros e compañeiras do espazo, debatiuse sobre as políticas transformadoras nos Gobernos municipalistas.

«A principal lección: gobernar sempre defendendo os intereses da maioría social», sinalou Sánchez Mato, que lembrou que o marco legal «é hostil e contrario aos intereses da xente» e a pesar diso, detallou como no concello de Madrid investiuse máis de 1.000 millóns de euros en gasto social en comparación con gobernos do PP.

«Nos concellos temos capacidade de recaudación, pero temos un cepo que nos limita: a Lei de Estabilidade Orzamentaria. Ao chegar ao concellos queríannos impoñer recortes», lembrou o ex concelleiro.

Pola súa banda, Yolanda Díaz fixo un repaso da situación económica e das políticas neoliberais que quere impor o PSOE cando goberna en solitario.

“Pedro Sánchez xa non é Pedro Sánchez. Incorporou elementos da dereita económica. Remitiu a Bruselas un texto cos compromisos do noso país a nivel económico que contempla a mochila austríaca, un lastre para os traballadores e trabalaldoras», denunciou a deputada, que explicou que iso implicaría o despedimento libre e que sexa o propio traballador o que cargue cos cuestos do despido.

Pola súa banda, Antón Gómez-Reino destacou a importancia de traballar desde os concellos para o ben común e puxo como exemplo a Sánchez Mato, que foi «fundamental na loita contra a austeridade».

«É un exemplo de políticas trasnformadoras dende o municipal», concluiu.