«O proxecto de En Común-Unidas Podemos non se pode entender sen reforzar un sector estratéxico para Galicia como o da pesca»

Audio: https://bit.ly/2L08fwJ

A Coruña, 25 de abril de 2019. Os candidatos de En Común-Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, visitaron este xoves a Lonxa da Coruña co candidato á presidencia do Goberno do Estado e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias.

«A pesca é un sector estratéxico para Galicia, e tamén o é parar España por Galicia», explicou Iglesias nunhas declaracións aos medios

«É fundamental entender que Galicia é o puntal da pesca no noso país e hai que apoiar un sector que xera moitos postos de traballo. É fundamental que España negocie mellor as cotas pesqueiras en Bruxelas e apoiar un sector fundamental», engadiu o candidato á presidencia do Goberno. 

O cabeza de lista por A Coruña, Antón Gómez-Reino, sinalou é «unha aposta inequívoca que o proxecto de En Común non se pode entender sen reforzar un sector estratéxico para Galicia como este».

«Hai que defender na UE cotas dignas para o noso sector pesqueiro. Un Goberno valente ten que facer valer un sector no que Galicia é punteira», engadiu Gómez-Reino. 

Respecto ao Brexit, o candidato de En Común resaltou a «pouca importancia que tiveron os sucesivos Gobernos de España en Europa. Como pode ser?», preguntouse.

«Máis de 80 barcos galegos faenan no Gran Sol, máis de vinte nas Malvinas cun saldo comercial de 40 millóns ao ano só en peixe fresco e conxelado. Como pode ser que non sepamos aínda que pensa facer o goberno para facer valer os seus dereitos. Hai que garantir ao noso sector pesqueiro que vai ter os mesmos dereitos», afirmou.