O voceiro de Galicia en Común participará na Comisión de Reconstrucción Social e Económica constituida hoxe no Congreso

Gómez Reino asistiu como voceiro do Grupo Confederal á Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación onde apelou pola “necesidade de garantir a autosuficiencia e a soberanía alimentaria” tras a crise da Covid-19

Madrid, 7 de maio de 2020.- Galicia en Común vén de presentar no Rexistro do Congreso a petición para que o voceiro do grupo na Cámara Baixa, Antón Gómez Reino, participe como adscrito na Comisión de Reconstrucción Social e Económica, constituida esta mesma mañá. O obxectivo da Comisión pasa por afrontar catro desafíos tras a crise da Covid19, como son o reforzo da sanidade pública, a reactivación da economía, o fortalecemento dos coidados e a mellora do sistema fiscal así como a posición do Estado español ante a Unión Europea.

Gómez Reino asistiu tamén á Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación como voceiro do GP Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común. Na súa intervención pediu facer unha reflexión sobre a “necesidade de garantir a autosuficiencia e a soberanía alimentaria” tras a crise da Covid-19. O portavoz referiuse tamén á Orden 381/2020 que “da solución ás produccións para autoconsumo e que permitirá a reapertura dos mercados de alimentación de proximidade”.

“Cómpre sinalar tamén que se detectou o acaparamento de produtos por parte das grandes cadeas de supermercados que especularon con produtos básicos como hortalizas, facendo subir os prezos en detrimento do pequeno e mediano comercio e perxudicando ao conxunto da sociedade”, indicou Antón Gómez Reino quen pediu tamén que se “garanticen rendas xustas para os produtores primarios, ademais de implantar un sistema equivalente aos produtos procedentes da actividade pesqueira e a acuicultura”. 

Finalmente, o voceiro de Galicia en Común fixo referencia tamén á PAC, un “documento sobre o que se debe traballar aínda moito para que sexa satisfactoria para Galicia e para o conxunto do estado”. 

Podes volver ver a intervención de Gómez Reino na comisión e descargar o audio