Gómez Reino: “Estes orzamentos levan a pegada de Unidas Podemos e de Galicia en Común, recollendo demandas longamente demandadas, e incrementando case nun 70% os investimentos na provincia da Coruña”
A Coruña, 31 de outubro de 2020.- O proxecto de PGE do Estado para o vindeiro ano 2021 recollen un investimento para a provincia da Coruña de 382,68 millóns de euros, o que supón un incremento dun 67,78% do investimento ministerial en relación ao proxecto de orzamentos do ano pasado.
O deputado pola Coruña e portavoz de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino, puxo de manifesto que “se nota que con Galicia no goberno, Galicia conta” poñendo de exemplo “estes primeiros orzamentos xerais do Estado onde se recollen moitas demandas da prinvicia da Coruña”.
Entre os investimentos máis destacados están os 65,6 millóns de euros para a construcción das Fragatas F-110 en Ferrol ou os 20 millóns de euros que destinará o goberno para o saneamento da ría do Burgo. Entre outros investimentos destacan tamén os 2,2 millóns para o enlace orbital de Compostela (a conexión da A-54 coa AP-9); os preto de 30 millóns de euros que se adicarán a mellorar a accesibilidade ferroviaria no porto exterio de Ferrol ou os case 27 para o porto da Coruña.
Cómpre destacar tamén os 6,3 millóns de euros que se destinarán á renovación da liña de ancho métrico entre Ferrol, Vegadeo e Cudillero, dos cales mási de 3 millóns investiranse na provincia da Coruña.