Simpatizantes de Galicia en Común aproban o acordo de Goberno co PSOE cun 96,81% dos votos

Mércores, 27 de novembro de 2019. A militancia de Galicia en Común ven de aprobar o acordo de Goberno asinado o pasado día 12 entre Unidas Podemos e o PSOE cun 96,81% dos votos.

Na consulta, realizada mediante votación telemática, participaron 7.358 militantes, inscritas e simpatizantes galegas de En Común a través das súas respectivas organizacións.

“Os resultados da consulta marcan unha liña clara que aposta por un Goberno progresista no que En Común teña un papel decisivo, para defender as políticas das maiorías sociais deste país”.

Os resultados da consulta foron os seguintes:
Votos: 7.358
Votos a favor: 7124 (96,81%)
Votos en contra: 199 (2,70%)