A. Víctor Ferreiro Outomuro

A. Víctor Ferreiro Outomuro
#1 Ourense – Senado
Brief info

Teño 55 anos, e son natural de Barcelona, inda que levo máis de 30 anos en Ourense, terra de meus pais. No eido académico, teño a titulación de Oficial Técnico Administrativo. Teño un amplo percorrido en sectores como automoción, hostalería ou publicidade. Actualmente, traballo como administrativo nunha empresa de loxística e transporte.
No tocante á outras actividades, tiven un programa de radio, teño participado en obras de teatro, curtametraxes, escribo de forma (máis ou menos) regular e teño unha paixón ilimitada pola música. Tamén tento involucrarme en toda actividade solidaria que podo na miña cidade, e inda me queda algo de tempo para adicarlle á miña filla de 20 anos.

Teño o honor de que as compañeiras de Ourense me escollesen en primarias para encabezar a candidatura ao Senado. Poñerei todo da miña parte para estar á altura de tal responsabilidade, porque a nosa provincia merece todos os esforzos que fagan falla para sacala da longa noite de pedra na que a sumiron as políticas caciquís do Partido Popular. En Común Unidas Podemos asume o desafío que supón mudar por completo as dinámicas instaladas durante décadas. Nepotismo, envellecemento da poboación, abandono do rural, malas infraestructuras de comunicacións, fuxida en masa dunha mocidade sen futuro, esnaquizamento da cultura e moitas eivas máis que só terán solución se somos quen de levar a voz da cidadanía ás institucións.