Alberto Prieto Arranz

Alberto Prieto Arranz
#4 A Coruña – Congreso
Brief info

Nacín no ano 1993 na Coruña, cidade na que me criei, estudei e na que tamén habito actualmente.

Son enxeñeiro de camiños de formación e un ecoloxista de corazón. Tiven a sorte de poder estudar na Universidade da Coruña e no estranxeiro, coñecendo polo camiño a moita xente e culturas diversas que me permitiron obter unha perspectiva plural e acolledora do mundo.

Comecei as miñas andanzas políticas da man de EQUO hai xa máis de 3 anos, nos que me fun mergullando e comprometendo con todo tipo de loitas e causas relacionadas coa ecoloxía política sobre todo a nivel local en A Coruña. Son tamén un apaixonado da música, do deporte e da cociña.

Motivación política – persoal:
O paso adiante que dou para presentarme ven motivado por unha combinación estraña entre ilusión e desesperanza.
A desesperanza desta xeración, porque podemos observar como a día de hoxe, e ante as evidencias científicas cada vez máis claras, non existe un recoñecemento real dos problemas e das medidas precisas para atallar o cambio climático e a crise social e económica que está a provocar.
Pero ante esta desesperanza sinto unha ilusión e uns folgos renovados grazas aos movementos estudantís en favor do clima. Creo que é o momento da xente nova de empoderarse e ser parte activa do cambio que demanda, de dar máis e máis pasos adiante!