Antón Gómez-Reino Varela

Antón Gómez-Reino Varela
#1 A Coruña – Congreso
Brief info

Nacín o 7 de marzo de 1980 e son pai dunha filla. Activista social desde novo, formo parte de Marea Atlántica. Son deputado no Congreso desde decembro do 2015 e, desde octubre do 2018, secretario xeral de Podemos Galicia.

Preséntome na candidatura de En Común Unidas Podemos porque queremos que Galicia goberne en España e porque a nosa é a única opción que representa ao espazo do cambio en Galicia. A que recolle o impulso do traballo destes anos nas institucións e a que mellor representa á sociedade galega e as súas aspiracións. Fomos nós quen permitimos a moción de censura que acabou cos gobernos de Rajoy, quen pulamos ao Executivo do PSOE a elevar o salario mínimo interprofesional a 900 euros, quen promovimos as novas leis de igualdade, quen loitamos por un modelo productivo sostible e respetuoso co medio ambiente, quen defendemos aos pensionistas, aos profesionais e aos usuarios da sanidade pública, aos estudantes, aos traballadores de Alcoa... Queda moito por facer na loita por unha sociedade xusta, igualitaria, feminista e de progreso. E esa Galicia que queremos para gobernar en España só a podemos conquerir En Común.