Begoña Pedrouzo Vázquez

Begoña Pedrouzo Vázquez
#2 Lugo – Congreso
Brief info

Nacín o 12 de xuño de 1983 en Lugo. Estudiei Delineación no Instituto Politécnico de Lugo e Enxeñaría de Edificación na Universidade Europea de Madrid. Despois de traballar en diferentes países no sector de Enxeñaría e Arquitectura, decidín voltar a Galicia para cursar o Máster en Enerxías Renovábeis na USC, debido a miña inquedanza pola Natureza e Sustentabilidade Enerxética. Son Feminista e Voluntaria Social e Medioambiental. Defensora dos animais e da protección das persoas mais desfavorecidas que teñen outras capacidades, non valoradas na sociedade actual.

Loitar por unha sociedade xusta ,onde Igualdade e Liberdade estean presentes sempre, é a miña motivación para unirme a este proxecto político, por que En Común é a única opción de cambio sen lastre, para construír un país mellor.