Carmen Armada Martínez

Carmen Armada Martínez
#2 A Coruña – Senado
Brief info

Nacín na Coruña fai 30 anos, cidade que viume crecer no persoal, estudantil e laboral.
Estudei arquitectura, xa que entendo que é unha ferramenta para mellorar a calidade de vida da cidadanía. Compaxino a miña labor como arquitecta, coa docencia universitaria nas materias de proxectos e deontoloxía da profesión.
Participo activamente do movemento feminista, xa que entendo que nunca poderemos ter unha democracia real sen que haxa unha igualdade real. Levo xa anos colaborando tamén con asociacións de rehabilitación psicosocial e laboral para persoas con enfermidade mental.
Formo parte de Esquerda Unida, sendo a coordinadora local de A Coruña dende o ano 2.017.

Presento a miña candidatura ao Senado porque é o momento de dar un paso adiante, porque non é momento de ter medos, porque o medo ten que mudar de bando.
A loita contra a degradación continua do planeta, a necesidade de políticas reais pola transición a un novo modelo enerxético, e a urxencia dun compromiso cunha política de vivenda que non deixe xente sen casas nin casas sen xente, son o meu motor e compromiso.
Porque creo nunha sociedade feminista que poña a vida no centro presento a miña candidatura, para traballar por un sistema no cal a dignidade da vida das mulleres estea garantida.
Este 28A temos unha responsabilidade histórica: elixir entre o público e o privado, entre os dereitos e os privilexios, entre a dignidade e a precariedade.