Cristina Laya Miguélez

Cristina Laya Miguélez
#1 A Coruña – Senado
Brief info

Nacín en Arzúa no 1978. Nai. Feminista. Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Formación e Orientación Laboral e en Mediación Xuvenil.
A miña traxectoria profesional esta vencellada aos servizos sociais, onde traballei en ámbitos tan dispares como mocidade ou dependencia. Na actualidade traballo coa terceira idade. Activista social. Participo en espazos feministas e movementos sociais. A loita pola xustiza social é un camiño fundamental na miña vida, un camiño que percorro dende abaixo, á esquerda.

Responsabilidade. Compromiso.Ilusión. Convencemento.
Convencemento de que soamente cando as de abaixo, cando a xente do común chega ás institucións é posible construír, con responsabilidade, con compromiso e con ilusión, un futuro decente para o noso país. Un país no que primen os dereitos sociais sobre os privilexios. Un país feminista e diverso no que vivir dignamente, onde a cidadanía teña voz nas institucións e onde ninguén quede atrás. Entre todas, xuntas, fortes, en común, imolo conseguir!