David Bruzos Higuero

David Bruzos Higuero
#4 Ourense – Congreso
Brief info

Son ourensán, do barrio das Lagoas, e teño 39 anos. Son pai de dúas fermosuras, e profesor vocacional de Física e Química no IES Chamoso Lamas do Carballiño.
Nos últimos vinte anos teño participado en movementos sociais e cidadás de todo tipo, dende o NON á LOU e o NUNCA MÁIS, ate o sindicalismo en defensa do ensino público, galego, laico e feminista, pasando por diversos proxectos ecoloxistas, internacionalistas, culturais e de consumo responsable, onde nos atopamos xentes que seguimos pensando que outro mundo é posible.

Fun esporádicamente deputado nas cortes na XI Lexislatura, e sigo sentindo orgullo polas compañeiras e compañeiros que nos representaron e polo equipo de xente que traballa por un país mellor, porque só así conseguiremos un futuro En Común.