Héctor Carlos Ortega Sánchez

Héctor Carlos Ortega Sánchez
#4 Lugo – Congreso
Brief info

Avogado, licenciado en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid actualmente estudante de Filosofía na Universidad Nacional de Educación a Distancia. Traballo no ámbito da saúde laboral, son delegado sindical e na coordino a Agrupación de Servizos Técnicos de CCOO en Galicia.

Preséntome ás eleccións porque o proxecto de En Común é un proxecto de unidade que defende os dereitos sociais e laborais, que trata e garatr espazos de supervivencia das comunidades rurais e cidadás ante a homoxeneización liberal do Norte global.
Presentar unha plataforma que, desde un novo racionalismo ecolóxico, histórico, feminista, poida abrir camiños reais que poñan como centro a vida das persoas nas súas comunidades.
Creo no potencial dos galegos como ponte entre os pobos ibéricos e latinoamericanos, en busca dese proxecto popular, plural e cosmopolita que expoña unha alternativa ao auxe dos novos nacionalismos identitarios e ao capitalismo global depredador.
"Temos dereito a ser iguais cando a diferenza nos inferioriza, temos dereito a ser diferentes cando a igualdade nos descaracteriza"
Boaventura de Sousa