Jaime Cabeza Pereiro

Jaime Cabeza Pereiro
#3 Pontevedra – Congreso
Brief info

Catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
Quero aportar miña pequena axuda para que haxa unha gran vitoria das políticas sociais o 28 de abril. Estou certo de que na vindeira lexislatura se van pór os alicerces para que a igualdade material deixe de ser un belo devezo e se convirta nunha realidade tanxible.  Galiza ten que deixar de ser o arrabalde das políticas estatais para que tamén desde o Congreso de Madrid se vaia construíndo o noso modelo de país e o noso modelo de sociedade. En Común Unidas Podemos vamos conquistar unha sociedade de mulleres e homes dignos que enxerguen o  
futuro con tranquilidade e coa seguridade de darlles aos seus un futuro de traballo e de progreso na nosa terra. Xuntas temos capacidades abondas para que se corrixa o rumo político da acción de goberno. Agradézolle a En Común Unidas Podemos que me ofreza a posibilidade de ser parte activa nesta onda de cambio que xa chega.