José Antonio Villar Blanco

José Antonio Villar Blanco
#3 Ourense – Congreso
Brief info

Nacín en Vigo hai 53 anos. Licencieme en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago en 1988, estudos que completei co CAP e cursos de posgrao. Traballei máis de 25 anos en Ourense como impresor e deseñador, e milito en Esquerda Unida, onde fun responsable da Área de Medio Ambiente, formo parte do Consello Político Comarcal e colaboro co grupo de Mundo Rural.

A desconfianza na política e a desmobilización cidadá constituén un impedimento para saír da actual crise social e ambiental. Por iso urxe que as clases máis prexudicadas por este sistema destrutivo e desigual asumamos activamente a súa defensa. Implícome nesta proposta política coa certeza de que unicamente a esquerda pode enriquecer á visión crítica da cidadanía e proporcionarlle un proxecto ambicioso e decidido para afrontar o radical cambio de rumbo que precisamos. Sabemos que o capitalismo non deixará de empobrecer e de esquilmar. O desafío máis importante é lograr que as maiorías silenciosas entendan para decidir e decidan para cambiar.