Jose Manuel Pérez Afonso

Jose Manuel Pérez Afonso
#3 Lugo – Congreso
Brief info

Nacín en Lugo en 1979. Son músico, mestre de Educación musical e Técnico Superior en Animación Sociocultural. Recibín o premio Injuve ao mellor creador novo na categoría de canción de autor en 2007. Sempre colaborei coa miña música en proxectos solidarios de todo o mundo. O 15- M supuxo un cambio na miña maneira de afrontar a política. Despois de ter que emigrar para buscar oportunidades que na miña terra non atopaba, tiven a sorte de poder volver á miña Galicia natal con ganas e forzas para loitar por un cambio. Sei de onde veño e se onde quero ir. Estou neste proxecto porque, como dixo Marc Twain, «nunca te equivocarás ao facer o correcto», e creo que o correcto é dar un paso adiante por un futuro digno. Son un orgulloso pai de 2 xemelgos, Elio e Nuno, que supuxeron unha nova inxección de forza e coraxe para seguir loitando por cambiar a vida da xente.

Creo que podo achegar capacidade de traballo en equipo, honestidade e coherencia. Estou disposto a asumir a responsabilidade de facer política institucional xunto coas compañeiras de En Comú Podemos para mellorar a vida da cidadanía.