Ledicia Piñeiro Prada

Ledicia Piñeiro Prada
#1 Ourense – Congreso
Brief info

1987.
Nada en Ourense, proveño dunha familia ferroviaria.
No instituto impliqueime no movemento estudantil e na militancia política.
Na Universidade tomei contacto coa aula de Teatro e comecei unha formación actoral facendo cursos e seminarios por diferentes escolas de teatro. Diplomeime en educación social e hoxe en día compaxino o traballo no social coa miña vocación interpretativa.
Fun Concelleira por Ourense en Común durante tres anos, nunha cidade gobernada polo PP, denunciando as mentiras, os espolios, o austericidio e a desarticulación dos servizos do Concello de Ourense

Estou aquí porque vivimos en tempos de excepcionalidade política, económica e social e non teño medo a posicionarme, a dar un paso á fronte, non me resigno a recoller as migallas de quen nos róuba e pretende someternos e calarnos. Veño construír un equipo En Común, interpelada polo tempo que vivimos. Temos a constancia de que se pode gobernar doutra maneira, coas mans libres, sen medo de enfrontar aos poderes que non se presentan ás eleccións, nin aos capataces deses poderes e dá igual que se vistan de laranxa, azul, verde ou escondan as súas vergoñas no puño e a rosa. Temos o equipo, temos á xente, temos as claves para gobernar con vontade de futuro.