Luis Manuel Daporta Rodríguez

Luis Manuel Daporta Rodríguez
#3 Lugo – Senado
Brief info

Nacín en Ortigueira o 22 de xaneiro do ano 1957 de familia mariñeira, humilde como a maioría. Estudei Bacheralato xunto con outros rapaces ca axuda dos mestres do Escolar de Ortigueira, examinándonos por libre no Instituto Masculino da Coruña. Co esforzo familiar e beca do Instituto Social da Marina, no ano 1983 remato a licenciatura de Medicina na Facultade de Santiago de Compostela. Nese verán comezo a traballar facendo as substitucións de medico de zona que se adxudican pola bolsa do paro que xestiona o Colexio de Médicos. Traballo en diferentes concellos da provincia de Lugo facendo substitucións, un total de 830 días dende agosto do 1983 a agosto do 1987, cobrando o paro os meses que me correspondian.
O 1 de Marzo de 1988 comezo a traballar no Servizo de Urxencias do Hospital de Lugo. No ano 95 tomo parte na constitución da Asociación de Médicos de urxencia hospitalaria de Galicia(AMUHGA)e elixido membro da dirección de Semes-Galicia como delegado da Provincia de Lugo. No ano 2007 por oposicion interna paso a formar parte do equipo médico da Unidade de Hospitalizacion a Domicilio, e Coidados Paliativos.

-Recuperar a verdade das palabras, dos dereitos universais das persoas, dos representantes e das institucións democráticas.
-Recuperar os servizos públicos do estado de benestar: sanidade, educación, pensións, dependencia e demáis servizos que garantan a igualdade de oportunidades. Impostos directos e progresivos sobre a riqueza que fagan posible a súa sostenibilidade.
-Medidas prácticas para a erradicación da corrupción: eliminación de cargos e organismos disfuncionais, transparencia, eliminar as portas xiratorias e influencias nos organismos públicos. Establecer e fomentar a participación das persoas na toma de decisións dos organismos públicos.
-Recoñecemento da diversidade como valor positivo das persoas e pobos que forman o estado.