Manuel Nogueira Pérez

Manuel Nogueira Pérez
#3 Ourense – Senado
Brief info

Son de O Carballiño (Ourense) e alí participo activamente no proxecto de Alternativa Veciñal. Estudiei en Compostela Psicoloxía e Ciencias Criminalísticas. Traballei durante moitos anos na hostelería nocturna e actualmente dou clases de reforzo de maneira autónoma. Milito en podemos dende 2015 e as motivacións que me fan participar de este proxecto e de esta candidatura son as mesmas, ou máis, cas que comencei: descontento coas políticas de recortes e misería social que nos impoñen dende arriba, dende as institucións, políticas neoliberais.

Tócanos a xente de común dar este paso, sumar forzas e participar activamente da política para mudar esta situación de desamparo no que se atopa a xente do noso pais, todas nós. Toca facer que as institucións estean ao servizo da xente, que defendan os seus dereitos. Que defendan e promulgen políticas sociais, que dean solucións reais, propostas firmes para as problemáticas da xente: paro, precariedade laboral, emigración, abandono do rural, violencia de xenero, sometemento a banca, desahucios.... Toca que a xente do común traballemos por un proxecto real para Galicia. Xuntas podemos facer as cousas de outro xeito, no que a xente sexa o importante. Xuntas podemos facer as cousas ben: pensando na xente