Marta Díaz Marcos

Marta Díaz Marcos
#2 Pontevedra – Senado
Brief info

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid e especialista en Mediación de conflitos pola Universidade de Vigo, Xuíza de Paz dun pequeno concello da provincia de Pontevedra. Militante en Podemos desde Abril do 2014, formei parte do CCM da miña cidade e do primeiro Consello Autonómico Galego, do Círculo de Feminismos de Podemos Galicia e do Círculo Estatal de Feminismos. O meu traballo destes anos para o partido estivo centrado en Feminismos, Políticas Sociais, Organización, e Renda Básica. Preséntome por tres razoes fundamentais; a primeira en relación ao partido: a pesar dos conflitos internos aos que nos levou en distintas ocasións a mocidade e a inexperiencia, sigo pensando que leste o partido do cambio, da xente decente, das de abaixo; se que impulsamos nestes anos políticas realmente importantes para construír unha sociedade mais xusta, igualitaria e feminista, que sen nós nunca serían posibles. Sigo crendo naquel Podemos que dió a sorpresa nas Europeas do 2014, naquel Podemos ilusionante e quero seguir sendo parte del. A segunda razón suma a lealdade ao proxecto de Podemos e a miña independencia das correntes internas; creo que iso me converte en peza necesaria para que este partido poida crecer e avanzar. Ademais, a miña experiencia como mediadora e xuíza de paz, así como o meu traballo para varias Ong de axuda humanitaria capacítanme para intervir en apoio de resolucións expostas en proxectos lexislativos sobre emerxencias sociais e noutros conflitos. A terceira razón ten que ver co propio senado, coa vontade de redefinición e cuestionamiento desta cámara no marco dunha maior esixencia de representación democrática e transparencia dos poderes públicos ao servizo da cidadanía.