Nery Díaz Prieto

Nery Díaz Prieto
#1 Lugo – Senado
Brief info

Como ecofeminista quero construír para os meus fillos un mundo mellor, de respecto entre as persoas, a contorna e o resto de especies coas que convivimos. Penso firmemente que as mulleres debemos estar presentes e visibles na política, deixando o papel de meras testemuñas.

Vivimos tempos confusos, nos que semella que temos que pelexar polo obvio, pero é este tamén un momento crucial e apaixonante pola posibilidade dun cambio real na sociedade, dende o local ao global.

Depende de nós!

Ecofeminista en EQUO, fotógrafa, activista e alérxica ás inxustizas veñan de onde veñan. Chairega de nacemento, cunha vida labrada en Lugo. A maior de catro irmáns, comecei a miña carreira laboral como autónoma e pequena empresaria no ámbito da fotografía, sen deixar de lado os estudos (Grao de Paisaxe).