Oscar González Álvarez

Oscar González Álvarez
#3 Pontevedra – Senado
Brief info

(Vigo, 1980) Estudei Dereito Económico na Universidade de Vigo. Fun axente comercial, dependente e auxiliar administrativo entre outras actividades profesionais. Dirixín unha pequena empresa do sector servizos entre os anos 2008 e 2011. Desde entón traballei como axente inmobiliario e, desde hai uns meses, traballo na miña primeira novela. Colaboro habitualmente como columnista na revista satírica Gurb e en Noticias Vigo, aínda que tamén mantiven colaboracións puntuais con outras revistas e diarios como Luzes ou Praza Pública. Fun membro fundador do primeiro círculo Podemos de Vigo, no que desempeñei a portavocía ata a elección dos Consellos Cidadáns, momento en que pasei a ser secretario de municipalismo e movementos sociais. Traballei na área de prensa de Podemos Galicia e, desde hai pouco máis dun mes, son Secretario de Comunicación do partido en Galicia. Manteño unha forte vinculación cos movementos sociais da cidade, nos que participo activamente a través da Rede de Solidariedade Popular de Vigo ( RSP Vigo) onde colaboro no grupo de vivenda e exerzo funcións de tesourería.
Motivación As pasadas eleccións xerais e a moción de censura contra o PP ensináronnos algo que a sabedoría popular negáranos ata entón: o Senado non é un órgano menor ou de segunda, senón un verdadeiro campo de batalla no que a dereita mantivo unha hexemonía vergonzante. É hora de plantarlles cara e ningún lugar de disputa política pode ser infravalorado. Para que podamos poñer en marcha leis que verdadeiramente melloren a vida da xente, necesitamos acabar co inmobilismo que favoreceu a dereita durante estes anos. Hai que devolverlle á cámara a dignidade que lle arrebataron.