Santiago Eloy Díaz

Santiago Eloy Díaz
#3 A Coruña – Senado
Brief info

Santiago Díaz Gómez. Neda 1958. Oficial de banca desde 1982, actualmente en situación de prexubilado. Comprometido coa loita sindical, foi delegado de CCOO durante vinte anos, nos cales defendeu os dereitos das traballadoras e traballadores de banca.
Desde 2015, afiliado aEsquerda Unida e aFerrol en Común. Actualmente membro do Consello Político Local de EU, e da Coordinadora de FeC, na que desempeño as funcións de tesoureiro e voceiro.

Partindo do meu compromiso coa mellora das condicións laborais e salariais, a través da loita sindical, rematado o período laboral, comecei a traballar no ámbito político desde Esquerda Unida e Ferrol en Común.

Convencido de que so co traballo de moitas persoas implicadas, se poden recuperar os dereitos que as reformas laborais destruíron, acadar leis que blinden unhas pensións dignas e uns servizos públicos de calidade, tanto na xustiza, na sanidade e na educación, estou comprometido coa política de esquerdas que representa en Común. Podemos.