Vanessa Somoza Domínguez

Vanessa Somoza Domínguez
#1 Lugo – Congreso
Brief info

Nacín en Lugo hai 42 anos e resido na cidade amurallada. Dende cativa sentín un interese especial pola arte e o seu contexto. Son artista plástica e deseñadora gráfica, traballei varios anos en centros de convivencia da miña cidade con xente de tódalas idades e estratos sociais o que me fixo coñecer en profundidade as diferentes problemáticas da cidadanía.
Xa dende o instituto involucreime en diferentes movementos culturais e sociais como o Non á guerra ou o Nunca Máis ate ser parte activa do 15M de Lugo dende os seus inicios. Estou convencida de que a mobilización cidadá debe estar presente como garante da democracia e que é imprescindible que a voz do pobo esté nas institucións e sexa escoitada.
Seguindo a arela dunha sociedade máis xusta, en 2015 formei parte da candidatura ACE-EU e en 2016 fun candidata ao Congreso pola coalición de EU-Podemos-A Nova-Equo.
Este ano, aceptei a responsabilidade de encabezar a candidatura de Lugo por En Común Unidas Podemos para defender os dereitos da clase traballadora; como empregada que cobra o SMI e filla de pensionistas que coñeceron a emigración de cerca é imposible obviar as dificultades que afronta o pobo mentres uns poucos se enriquecen e saen beneficiados polas políticas implementadas por PP e PsoE. Porque o fascismo quere ser protagonista e é o noso deber paralle os pés. E porque quero xustiza para o pobo e non privilexios para os bancos e as grandes corporacións.