Yolanda Díaz Pérez

Yolanda Díaz Pérez
#1 PONTEVEDRA - CONGRESO
Brief info

Son Yolanda Díaz Pérez, nai de Carmela e avogada de profesión. Fun Deputada no Congreso e preséntome a estas Eleccións Xerais.
Temos un enorme reto por diante: poñer as institucións ao servizo da xente e ser útiles á cidadanía. Durante estes anos o traballo foi duro, pero estou moi orgullosa de chegar cos deberes feitos: situamos no Congreso os problemas de Galicia e fomos o grupo máis dinámico.
Agora sabemos que o cambio é posible, botamos ao PP, arrancamos un salario mínimo de 900€ e a revalorización das pensións. Negociamos punto a punto pero conseguímolo. Agora sabemos que podemos ir máis lonxe. A cidadanía marca o camiño, pensionistas, mulleres, xente nova que loita polo clima, os traballadores que loitan polos seus dereitos. Galicia é unha sociedade valente. A xente ten esperanza e eu comparto esa esperanza de ter un goberno á altura da nosa xente.