«Temos o reto dende as Cortes de facer comprender aos Gobernos que Galicia é un actor de cambio»

Audio: https://bit.ly/32DOcJa

Santiago, 19 de xullo de 2019. O novo senador galego de designación autonómica, José Manuel Sande, xunto cos deputados Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino explicaron este venres as liñas de actuación que seguirán as Cortes, colocando como reto situar a Galicia como un actor de cambio.

«Situaremos como liñas de actuación o financiamento autonómico, as infraestruturas ferroviarias, dixitais e portuarias, a defensa dos sectores produtivos, así como a memoria, patrimonio e cultura», incidiu Sande na súa intervención.

O senador e deputados incidiron en que Galicia «precisa ser visualizada con afouteza» polo que temos o reto desde as Cortes de facer comprender aos Gobernos que Galicia «é un actor de cambio fundamental».