Un Estado plurinacional efectivo só será posible se En Común e Unidas Podemos están fortes nas institucións

«A situación na actualidade, pola que pasan a maioría de partidos, é responder aos envites electorais, pero a tarefa pendente é discutir, dialogar e falar da proposta politica para o ámbito desa plurinacionalidade, e»por iso pelexaremos».

Audio: https://gallery.mailchimp.com/31d8726200f25f71a48445ee2/files/6ee17804-e5b6-4ee1-85d3-3a605d6fbc48/AudioPrevioActo.m4a

Santiago, 2 de novembro de 2019. Galicia en Común celebrou este sábado unhas conversas sobre a plurinacionalidade con Xavier Domènech, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, para abordar os principais retos territoriais do Estado.

«Poder falar aquí de que a solución pasa pola asunción da plurinacionalidade por parte do Estado paréceme unha grandísima oportunidade. Do resultado de candidaturas como Galicia en Común e Unidas Podemos dependerá o destino do Estado e dunha plurinacionalidade efectiva e con garantías», sinalou o convidado, Xavier Domènech.

Gómez-Reino sinalou que «é unha fortuna que Xavi se sume á campaña electoral e que veña falar de algo fundamental como construir o diferente, o escenario no que os diferentes pobos do Estado español, viven, conviven e constrúen convivencia».

Pola súa banda, a candidata de Galicia en Común, Yolanda Díaz, incidiu en que o tempo «deunos a razón». «Dixemos que era tempo de falar, de diálogo, de política con maiúsculas e sobre todo, de dar saídas democráticas a problemas democráticos».

«A plurinacionalidade e o plurilingüismo son realidades no conxunto dop Estado e pensamos que é desde aquí desde onde hai que remar», engadiu Díaz.

Domènech lembrou que a cuestión da plurinacionalidade «é algo que colleu moita popularidade nos últimos anos en Catalunya» pero non só é isto, afecta «a todo o Estado e a lugares como Galicia». 

Ante esta situación, en política, «as cousas deben solucionarse e falarse» e «non aparcalas».

«Houbo grandes oportunidades cando Pedro Sánchez chegou á Moncloa. Chegou cun discurso de plurinacionalidade, chegou a decir que Catalunya era unha nación, e agora está próximo ao 155. Pasaron dous anos do PSOE na Moncloa, e non chegou o diálogo. Non houbo nin relator nin diálogo», denunciou o historiador.

O ex deputado catalán insistiu en que as solucións pasan polo recoñecemento de que estamos nun Estado plurinacional e que iso «ten consecuencias».

«Pedro Sánchez tivo a oportunidade de abrir un diálogo sincero e aberto para solucionar un problema que se enquista, e non fixo nada. O resultado de que eso non pasase, o resultado desa irresponsabilidade de convocar eleccións a pesar de saber que sairía a sentencia do procés, son as consecuencias que vemos agora. Ante isto, podemos quedarnos en declaracións vacuas que non serven para nada, ou podemos avanzar nun diálogo sincero», engadiu o historiador. 

Díaz lembrou que «algúns» teorizaron que co 155 se arranxaba o problema de Catalunya e houbo outros como Pedro Sánchez, que dixeron que coa sentenza do procés se arranxaba o problema, e ata chegou a sacar a proposta federalista do seu programa.

«O retroceso fai, de xeito vergoñento, que no último momento o PSOE faga traizón a historia do seu partido e retire dun texto o federalismo, véndose obrigados a rectificar en 24 horas. Isto da mostra de que se está a xogar coa problemática territorial para conseguir votos noutras partes do conxunto de España e isto é dunha enorme irresponsabilidade», denunciou Yolanda Díaz.

«A nosa proposta é clara: diálogo de xeito real, non so formal, reconciliación e solucións», incidiron os candidatos.

Gómez-Reino insistiu en que a situación na actualidade, pola que pasan a maioría de partidos, é responder «aos envites electorais», pero a tarefa pendente é discutir, dialogar e falar da proposta politica para o ámbito desa plurinacionalidade, e «por iso pelexaremos».