Unidas Podemos denuncia os incumprimentos da Xunta na protección dos humedais

‘En 13 anos, Feijóo non incluíu ningún dos humedais galegos no Inventario para preservalos mentres tramita eólicos, minas e industrias na contorna’

Madrid, 10 de maio.- Unidas Podemos pide ao Goberno do Estado que interveña e actue ante os retirerados incumprimentos da Xunta de Galicia na protección dos humedais logo de constatar que o Executivo galego do PP de Núñez Feijóo non rexistrou ningún no Inventario de Humedais creado no 2008 para a súa protección específica ao tempo que empurra proxectos eólicos, mineiros ou industriais nas súas contornas.

O deputado galego Antón Gómez Reino, e o voceiro do grupo confederal en cuestións medioambientais, Juan López de Uralde, rexistraron unha iniciativa na Cámara Baixa dirixida ao Ministeiro de Transición Ecolóxica.

Instan ao departamento de Teresa Ribera a tomar medidas os incumprimentos da Xunta de Galicia na protección ambiental dos humedais logo de constatar que o executivo de Feijóo non rexistrou nin un so dos humedais galegos no Inventario de Humedais de Galicia creado no 2008, para dar unha especial protección a flora e fauna destas paraxes senlleiras tal e como foi aprobado no ano 2001.

‘¿Como valora o Ministerio os proxectos de instalación de parques eólicos, minas e industrias diversas en lugares de alto valor ecolóxico como as turbeiras, que poden ser obxecto de protección ambiental’?, pregunta Unidas Podemos ao Ministeiro no escrito rexistrado.

Ao tempo, Gómez Reino pregunta ao Goberno se prevé actuar preventivamente para evitar que muíños eólicos se instalen en zonas susceptibles de ser protexidas para evitar danos e afección irreversibles a paisaxe, o territorio e os recursos naturais e se estudará adoptar medidas, conforme as compentencias propias e as directivas UE, ao respecto da Xunta por incumprir a súa obriga na protección dos humedais.

Aquí podes consultar a nosa iniciativa.