Unidas Podemos e outras dez formacións piden por carta a embaixora en Israel a liberación de Juana

Madrid, 29 de abril.- As deputadas de Unidas Podemos, ERC, EH Bildu, PSOE, PNV, Junts per Catalunya, Compromís, BNG, Máis País- Equo, CUP e Nova Canarias remitiron este xoves unha carta á Embaixada de Israel para solicitar a liberación inmediata da traballadora humanitaria Juana Ruíz Sánchez.

A cooperante española de 62 anos leva máis de 35 residindo en Palestina onde realiza as labores de coordinación na oenegué Health Work Comittees (HWC). Juana Ruiz foi detida na casa familiar na madrugada do 13 de abril por soldados de Israel. Desde entón, fica retida polo Goberno israelí sen cargos, sen probas e sen xuízos xunto con dous compañeiros da sección financieira da organización.

Os partidos asinantes transmitiron á embaixadora Rodica Radian-Gordon a súa preocupación pola situación agónica de Ruiz, así como a dos seus compañeiros Tayseer Abu Sharbak e Saeed Abbad, integrantes tamén da organización sanitaria Health Work Committees ( HWC).

Os partidos asinantes esixen a posta en liberdade destas tres persoas e a correcta aplicación do dereito internacional en materia de dereitos humanos e dereito humanitario.

Nesta ligazón podedes acceder ao documento asinado por Unidas Podemos e o resto de grupos políticos.

Aquí podedes ver o vídeo do deputado galego Antón Gómez Reino pedindo a liberación de Juana Ruiz.