Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia en Común reitera o seu apoio aos traballadores de Alcoa e pide que se manteñan os postos de traballo

Antón Gómez Reino e Alberto Rodríguez mantiveron unha xuntanza telemática co Comité de Empresa da Coruña que amosou a súa «preocupación» pola compra das plantas por parte do Grupo Riesgo

A Coruña, 14 de maio de 2020.- O voceiro de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez-Reino e o portavoz do Grupo Parlamentario Confederal na Comisión de Industria, Alberto Rodríguez, mantiveron unha xuntanza telemática co Comité de empresa de Alcoa na Coruña, que siguen preocupados polo futuro dos seus postos de traballo ao entender que o Grupo Riesgo “non é un inversor serio”.

Na reunión trasladáronlle aos deputados os seus “temores” polo novo inversor das plantas e reivindican que o Grupo Riesgo “pase pola Mesa Tripartita e ofreza os avais suficientes e as garantías laborais” que levan meses reclamando. Denuncian «non fiarse» dos investimentos prometidos pola nova empresa e piden que se aclare a situación legal de ambas fábricas.

Gómez Reino amosou o apoio do Grupo Parlamentario ás reivindicacións «lexítimas e lóxicas» dos traballadores de Alcoa. Galicia en Común leva anos traballando man a man co Comité de Empresa da planta da Coruña e trasladando no Congreso distintas iniciativas en prol dos seus dereitos.

O voceiro da formación comprometeuse a reiterar ao Ministerio de Industria a petición de xuntanza co seu Secretario General, Raúl Blanco, de cara a atopar unha solución que garanta a viabilidade da planta da Coruña e Avilés así como os postos de traballo.