Unidas Podemos pide garantías democráticas para que Ecuador vote en liberdade

O deputado galego Antón Gómez Reino participa como observador internacional nos comicios deste domingo para elexir ao novo presidente

“Ecuador, a rexión e América Latina xóganse moito nestes comicios nos que cómpre garantir que a sociedade civil ecuatoriana vota libremente” 

A Coruña, 6 de febreiro.- O deputado de Unidas Podemos e voceiro de Galicia en Común, Antón Gómez Reino, participa como observador internacional nos comicios de Ecuador que este domingo elixirá ao novo presidente e aos representantes da Asemblea Nacional para a vindeira lexislatura.

Gómez Reino viaxou a Quito como representante institucional para asistir, xunto co deputado de Izquierda Unida, Manu Pineda, como observadores internacionais as eleccións que este domingo elexirán ao novo presidente de Ecuador entre os candidatos Andrés Arauz e Guillermo Lasso, nun contexto de gran tensión nun Estado onde o voto é obligado entre os 18 e os 65 anos.  

Desde Quito, onde se concentran estes días centos de observadores internacionais de toda Europa e de América Latina, Gómez Reino subliñou que o obxectivo e “axudar a que o proceso democrático se dea con todas as garantías”.

O deputado galego agarda que se respeten «de forma escrupulosa» os procedementos democráticos para garantir uns comicios «limpos e transparentes en igualdade de condicións». 

“Desde Unidas Podemos entendemos que os e as ecuatorianas teñen este domingo unha cita clave para toda a rexión onde se xogan a democracia. Estamos aquí para axudar a sociedade civil ecuatoriana a que poidan votar en liberdade e o conxunto das forzas políticas compitan en igualdade de condicións”. 

Aquí podes ver o vídeo de Gómez Reino desde Quito.